lunes, 11 de septiembre de 2017

O CURSO 2017/18 XA ESTÁ AQUÍ!!


 Ola de novo. Comezamos outro curso escolar e neste blog  iremos  publicando como de costume tódalas actividades propostas dende a biblioteca escolar . Informaremos ademais de novidades editoriais que se vaian adquirindo ao longo do curso e de todo aquelo que consideremos interesante para a Comunidade Escolar.

Para empezar, queremos presentar o lema escollido este curso pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas escolares. Trátase do seguinte:

"APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"

 "...Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir."

jueves, 22 de junio de 2017

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2017

Aquí tedes unha vez máis a guía de lecturas de verán.
Agardamos que vos sexa útil á hora de elexir  libros. Tédelos en galego, castelán e inglés
Bo verán e boas lecturas!!!

miércoles, 21 de junio de 2017

PRESENTACIÓNS

Ao longo destes días, o alumnado dos distintos niveis foi presentado aos seus compañeiros/as e mestres/as os traballos realizados ao longo deste curso sobre os concellos da Mariña lucense.
1º nivel presentou o seu traballo sobre o concello de Cervo
3º nivel presentou o seu traballo sobre o concello de Lourenzá
5º nivel presentou o seu traballo sobre Mondoñedo
6º nivel presentou o seu traballo sobre Trabada

jueves, 15 de junio de 2017

COLABORADORES BIBLIOTECA

Estes foron os alumnos/as de 5º e 6º que durante todo este curso 2016/17 axudaron nos recreos a realizar as gardas de biblioteca: colocaron libros nos andeis, vixilaron e aconsellaron aos máis pequenos...etc.
Por este motivo, entregámoslles uns agasallos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Antón co seu agasallo


jueves, 8 de junio de 2017

6º NIVEL: TRABADA

Dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar, este curso traballamos "A nosa comarca" e, dentro desta, en 6º nivel elexiron o concello de Trabada.
Mirade que chulo e completo lles quedou :

lunes, 5 de junio de 2017

5º NIVEL PREPARANDO O SEU PROXECTO

5º nivel traballou sobre o concello de Mondoñedo dentro do PDI: "A nosa comarca".
Aquí os vemos en varios momentos, na aula e tamén en Mondoñedo, preparando o seu traballo:













POWER POINT: LOURENZÁ

Este é o power point de 3º nivel sobre o concello traballado este curso: Lourenzá, dentro do PDI: " A nosa comarca".
Pincha AQUÍ

viernes, 2 de junio de 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tiveron onte, xoves, unha visita moi esperada: a da escritora viguesa Ledicia Costas, autora, entre outros, do libro que tiveron que ler este curso"Escarlatina, a cociñeira defunta".
Ledicia, contestou a tódalas preguntas que os rapaces e rapaces lle formularon.
Foi un luxo e un orgullo ter con nós a esta escritora. Unha das máis premiadas e aclamadas da actual literatura infantil en Galicia.