lunes, 28 de marzo de 2011

2 DE ABRIL: Día INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Nesta data conmemórase o día do LIbro Infantil porque foi a do nacemento de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos infantís coma: "O parrulo feo", "La sirenita", "Las zapatillas rojas"...
Aquí podes ver e escoitar un dos seus contos: "Los cisnes salvajes"

sábado, 19 de marzo de 2011

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

O luns, día 21 de marzo conmemorase o DÍA DA POESÍA
Para poder traballar nesta data tan significativa presentamos estas obras:

Fafarraios de Gloria Sánchez
Conxunto de 33 poemas cun denominador común:a comunicación cos primeiros lectores a partir do xogo.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras, ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O libro vai acompañado dun CD con seis cancións con música de Xurxo Souto.
Sí, poesía de Gloria Sánchez, editorial Alfaguara, que recolle doce divertidos poemas que convidan a xogar co son, os significados e o ritmo.

 


E tamén o DÍA da ÁRBORE.
Xa sabemos que no noso cole temos árbores moi variadas e bonitas. Este ano decidimos apadriñar cada clase a unha árbore. Tamén podedes ver este videoconto:

martes, 15 de marzo de 2011

ANIMACIÓN Á LECTURA

O pasado 3 de marzo os nenos e nenas de E. Infantil estiveron moi animados porque os contacontos da Editorial Kalandraka viñeron a contarlles varios contos acompañados pola música dun acordeón.
Foi unha actividade fantástica na que disfrutaron moito coa animación.





jueves, 10 de marzo de 2011

SEMANA DA PRENSA. RECURSOS

Aquí podedes atopar recursos para traballar coa prensa.



E para empazar a traballar aquí tedes este LIM


viernes, 4 de marzo de 2011

UN ENTROIDO MOI MARIÑO


Despois de dúas semanas de bastante traballo, algo de desorde e moita decoración, hoxe, por fin, celebramos o entroido no noso cole. Como estamos traballando sobre o MAR, cada ciclo escolleu un tema relacionado co proxecto:
Os nenos e nenas de E. Infantil foron disfrazados de barcos, submarinos e mariñeiros.
No 1º Ciclo de personaxes animados da serie  “Bob Esponja”.
En 2º e 3º Ciclos de animais mariños: os de 3º de peixes, os de 4º de vieiras e cabaliños de mar, os de 5º de polbos e estrelas e os de 6º de bonitos e percebes. Foi un desfile moi bonito. E para rematar comimos postres típicos do Entroido nas aulas.



-------------------------------