domingo, 15 de diciembre de 2013

viernes, 13 de diciembre de 2013

O APALPADOR


Quen é o Apalpador?

O Apalpador representa a figura mítica dun Carboeiro que segundo a tradición baixaba das devesas a noite do 31 de decembro para tocar a barriga dos nenos e comprobar si comeran o suficiente durante o ano, deixándolles un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles un novo ano cheo de felicidade e de alimentos.

É unha figura popular nas montañas ao leste de Galicia (O Courel, Terras de Trives, O Bierzo), que se mantivo no olvido baixo a influencia de personaxes doutras culturas. Hoxe en día está en proceso de recuperación.
Vaite logo, meu meniñ@                                          
marcha agora para a camiña 
Que vai vir o Apalpador    
a apalparche a barriguiña      
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo

domingo, 8 de diciembre de 2013

ADEUS A NELSON MANDELA


Nesta fin de semana deixounos NELSON MANDELA, o home do eterno sorriso.
Loitou contra a  pobreza, a desigualdade e o racismo  no que vivía a xente negra do seu país, Sudáfrica, durante o Apartheid, un réxime de segregación racial no que as persoas de cor non podían votar nin ocupar postos de traballo "propios de brancos", non podían relacionarse con eles nin tan sequera viaxar nos mesmos autobuses que eles.
Polo ben do seu país, foi quen de perdoar os inxustos anos que pasou na cadea e  de convencer a todos de que era posible unha convivencia pacífica que sentase as bases dun sistema democrático en Sudáfrica.
 Por iso, negros e brancos, brancos e negros choran unidos a morte de Mandela, o home máis respetado do planeta, MADIBA, como lle chamaban no seu país.
Agradecemos as imaxes e presentacións doutras bibliotecas, especialmente da Biblioteca Escolar Xoan Farias e da biblioteca BLOGUESQUÍO.



Podemos achegarnos máis a este personaxe o DIA DOS DEREITOS HUMANOS, o 10 de decembro ou mesmo o DÍA DA PAZ. 
Neste enlace atoparedes máis actividades e recursos para traballar nas aulas.

sábado, 9 de noviembre de 2013

MOCHILAS VIAXEIRAS

Por fin as mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina. Este curso chegarán ás casas dos nenos e nenas de toda a Primaria. Desexamos que todas as familias disfruten do seu contido.







domingo, 27 de octubre de 2013

OUTONO E SAMAÍN

Coma en anos anteriores, premendo na imaxe podedes acceder a recursos para traballar o SAMAÍN.


     C.E.I.P. Víctor Sáenz   Páxina elaborada por:   Mª Asunción García Álvarez


martes, 15 de octubre de 2013

24 de outubro: DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



A Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria edita tódolos anos un cartel para conmemorar o Día da Biblioteca (24 de outubro) e participar da celebración do mes da biblioteca escolar.
O tema deste ano é LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR que tratará de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico.
A ilustración é de PATRICIA CASTELAO.

Neste Blog atoparedes recursos para realizar experimentos.

http://primariaexperimentos.blogspot.com.es/

martes, 10 de septiembre de 2013

BENVIDOS E BENVIDAS




Remataron as vacacións e comeza un novo curso. Desde este recuncho, a tartaruga Carmiña e o Equipo de Biblioteca deséxavos moita sorte neste novo curso que empeza, o 2013-2014.

jueves, 20 de junio de 2013

BÁGOA DE LÚA

¨Bágoa de lúa", un libro que acaba de saír ao mercado editado por Galaxia e escrito por unha antiga alumna do noso colexio, Sabela González.


Bágoa de lúa é o primeiro tomo dunha triloxía chamada "As crónicas de Landereina".

martes, 4 de junio de 2013

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

No noso centro para participar nesta actividade traballamos con pintores galegos: Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane, Maruja Mallo, Maside e Laxeiro. Remataremos o traballo en días vindeiros e faremos unha pequena exposición.







Tamén elaboramos un pequeno proxecto e estamos a facer unha presentación destes artistas.

miércoles, 29 de mayo de 2013

COÑECEMOS GALICIA

Este documento foi elaborado dentro do proxecto "COÑECEMOS GALICIA"


viernes, 10 de mayo de 2013

50 aniversario do noso colexio: o CEIP "VIRXE DO CARME"




AS ACTIVIDADES PROGRAMADAS PARA O 10 DE MAIO DE 2013 SON AS SEGUINTES:
  • AS 11:30 HORAS: NO XARDÍN DO CENTRO ESCOLAR DESCUBRIMENTO DUN MONOLITO E PLACA CONMEMORATIVA, ACTO AO QUE ASISTIRÁN AUTORIDADES LOCAIS E PROVINCIAIS. 
  •  De 12:00 a 14:00 HORAS: XOGOS E ACTIVIDADES LÚDICAS PARA OS/AS ALUMNOS/AS DO CENTRO. 
  •  ÁS 19:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA.

viernes, 26 de abril de 2013

LETRAS GALEGAS 2013: ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Máis recursos: recompilación de todos: Recompilación de recursos elaborada por Mª Asunción García Álvarez


Desde o CEIP Vilaxoán de Vilagarcía chégannos  este resumo das actividades creadas polo Seminario Galán para a celebración das Letras Galegas que, como sabedes, este ano está adicado a :  ROBERTO VIDAL BOLAÑO  

 Grazas por compartir o voso traballo.

ACTIVIDADES EN LIÑA
EDUCACIÓN INFANTIL
1º CICLO
2º CICLO
3º CICLO
DOCUMENTOS PARA IMPRIMIR
Actividades
TELEXORNAL VIDAL BOLAÑO

Telexornal realizado polo EDLG do CPI Dos Dices no que se lle fai unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.



E tamén estes LIMs do CEIP Mallón, A Ramallosa (San Pedro) NIGRÁN :
 LIM (Ed. infantil)
 LIM (1º ciclo)
 LIM (2º ciclo)

DIA DO LIBRO

Estas son as actividades realizadas para a celebración do Día do Libro:
  • As Mochilas Viaxeiras comezaron a súa andaina.
  • Estivo con nós Xosé Miranda: os alumnos e alumnas de 3º estiveron na biblioteca disfrutando e escoitando  a este escritor.
  • O alumnado de 4º de primaria asistiu ao Concello ao III Maratón  de lectura para recitar "Cantares galegos" de Rosalía de Castro.
  • Reparto de marcapáxinas e lectura do poema de Paula Carballeira.
  • "O MEU LIBRO FAVORITO É..." Cada aula elixiu o seu libro favorito, co cal traballou estes días e tamén se fixo unha lectura na biblioteca:
         En 3º A, "Álvaro e Álvaro" de Xosé Miranda; en 3º B, "Amigos del alma" de Elvira Lindo; en 4º A, "O aniversario de Ana" de Cocha Blanco ; en 4º B, "Diario de Greg"; en 5ºA, "Mi nombre es Skywaltker" de Agustín Fernández Paz; en 5º B, "O cocho de carreiras Rudi Fuciños" de Uwe Timm; en 6º A,"El libro de la selva" de Geronimo Stilton e en 6º B, "Matilda" de Roald Dhal.
Lectura na biblioteca
          

         
    


Lectura na biblioteca





Xosé Miranda co alumnado de 3º
Mochilas viaxeiras




jueves, 18 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO



Para a celebración desta data temos programadas varias actividades:

  • Visita á nosa biblioteca de Xosé Miranda.
  • Campaña: "O noso libro favorito é..."    que será votado en cada aula para facer un traballo sobre el, tamaño A 3 para colocar na porta.
  • Maratón de lectura na Casa do Concello sobre Rosalía de Castro.
  • Mochilas viaxeiras...

lunes, 15 de abril de 2013

ANXO MOURE ESTIVO NO NOSO COLE

O mércores, día 10, visitou a nosa biblioteca Anxo Moure para contar, aos nenos e nenas do 1º Ciclo, o conto "O Carballo con botas" e para ensinarnos a mirar o mundo a través do corazón das árbores.

 

martes, 2 de abril de 2013

2 de abril: DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


O  2 de Abril conmemórase desde o ano 1967, o nacemento de Hans Christian Andersen. IBBY declarou esa data Día Internacional do Libro Infantil, co fin de lembrar a importancia de ofrecer  bos libros a todas as nenas, a todos os nenos, libros de calidade que esperten a súa imaxinación e os axuden a medrar como lectores e como persoas.

domingo, 10 de marzo de 2013

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo celébrase a Semana da prensa. Aquí hai varios enlaces que vos poden servir de axuda para realizar e completar as actividades que teñades programadas.

Neste enlace poderedes acceder ás actividades do CEIP "Mestres Goldar".


E neste enlace tedes un LIM moi intertesante do CEIP "Cespón"

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares


Os días 7 e 8 de marzo reuníronse en Santiago de Compostela  os profesores coordinadores das Bibliotecas Escolares integradas no PLAMBE.
 Houbo varias ponencias nas que se destacou o papel das bibliotecas nos centros educativos, así como a función que realizan para compensar as desigualdades sociais e a misión que teñen  na alfabetización mediática e informacional.


martes, 19 de febrero de 2013

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O día 24 de febreiro comemórase os 150 anos de  CANTARES GALEGOS de Rosalía de Castro. Para coñecer mellor a nosa escritora por excelencia, tedes aquí varios enlaces.


   
                                                        ROSALÍA DE CASTRO

Tamén podedes aproveitar estes recursos elaborados por outras bibliotecas escolares:




    Esta é a pegatina que nos chegou desde a biblioteca do CEIP de Pazos de Ferrol, un fermoso agasallo para recordar a Rosalía de Castro.

domingo, 3 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

NESTE  ENLACE PODEREDES ACCEDER A MOITAS ACTIVIDADES



                     

miércoles, 30 de enero de 2013

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ coas seguintes actividades:
Ás 12, no pavillón do colexio todo o alumnado de Primaria formou as letras de PAZ, de seguido cada nivel cantou a súa canción da PAZ. Posteriormente os nenos e nenas de sexto interpretaron unha obra de teatro, "As bombas e o xeneral"
O alumnado de E. Infantil, no seu patio, tamén cantou  collidos das mans e formando círculos concéntricos.
Durante esta semana traballouse nas aulas sobre o tema e se fixo unha recomendación de lecturas.

domingo, 20 de enero de 2013

Acabamos de coñecer este video que está moi ben para facernos reflexionar un pouquiño.


miércoles, 16 de enero de 2013

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O vindeiro día 30 celebramos o DÍA da PAZ. Por iso imos escoitando e vendo  este video.

Este ano imos cantar varias cancións relacionadas coa PAZ e esta é unha delas.
-------------------------------