miércoles, 31 de diciembre de 2014

GUIA DE LECTURAS PARA E. INFANTIL

A guia de lectura que presentamos para E. INFANTIL, recolle as últimas novidades tanto en castelán como en galego que apareceron no mercado. Pensamos que é bastante amplia para que pais, alumnos e profes teñan onde escoller. A selección fíxose non só mirando as reseñas editoriais, senón tamén buscando opinións que outros mestres, pais... teñen vertidas en blogs e notros medios de comunicación. Deste xeito, non aparece só o argumento dos libros , senón tamén o tema, o enfoque...e outros aspectos que poden interesar. Agardamos que sexa da vosa utilidade!!

sábado, 20 de diciembre de 2014

CARMIÑA DOS CASTROS, A NOSA MASCOTA

Carmiña é unha tartaruga. É a mascota da nosa biblioteca. Biblioteca e mascota impulsadas pola mestra xa xubilada Toñita Paleo Galdo. Ela traballou moito para que a nosa bilioteca se integrase en PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) e deixou trazado un camiño que agora aos demais nos resulta máis sinxelo percorrer.
Manoli Fernández é unha mestra que chegou definitiva este curso ao noso colexio. É unha artista coas mans e realiza verdadeiras xoias plásticas con elas. Foi Manoli a que lle deu a forma que agora presentamos á nosa mascota. 
A que é preciosa?
Grazas, Toñita. Grazas, Manoli



viernes, 19 de diciembre de 2014

FESTIVAL DE NADAL


Hoxe celebramos no cole o festival de Nadal. Houbo actuacións musicais da maioría dos cursos, representacións teatrais, a visita  de
Papá Noel acompañado do carteiro real para levar as cartas dos máis pequenos e algo diferente e moi importante para a nosa biblioteca: a presentación a todo o colexio do novo formato que vai presentar a partires de agora a nosa mascota, a tartaruga Carmiña dos Castros. Foi esta presentación un acto emotivo que contou coa presenza da mestra xa xubilada Toñita Paleo, principal impulsora da biblioteca, da creación da mascota e deste blog e que traballou arreo para que a nosa biblioteca formase parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares(PLAMBE). Quixemos tamén agradecer á nosa compañeira Manoli, gran artista coas mans, a elaboración da actual imaxe da nosa mascota.

Grazas, Toñita, por creala. Grazas, Manoli, por darlle forma real. Temos a mascota máis fermosa!!!!



REPRESENTACIÓNS TEATRAIS

NADAL 2014 - Kizoa Movie Maker


ACTUACIÓNS MUSICAIS

nadal 2014 - Kizoa Movie Maker


PAPÁ NOEL E CARTEIRA REAL

lunes, 15 de diciembre de 2014

Nestas datas, non podemos deixar de ver un clásico: RUDOLF, EL RENO

CORTOS DE NADAL

Aquí tedes uns cortos moi axeitados para estas datas do Nadal
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 4 de diciembre de 2014

DÍA DA CONSTITUCIÓN E DOS DEREITOS HUMANOS




O día 6 de decembro é o día da Constitución e o 10 o día dos Dereitos Humanos. Para conmemorar esta data, podedes realizar as seguintes actividades:

Dereitos dos nenos/as (Versión entre 6-8anos). Pincha aquí
Dereitos dos nenos/as. (Versión 9-11anos) Pincha aquí
Actividades LIM sobre os dereitos humanos. Pincha aquí

domingo, 30 de noviembre de 2014

A FERMOSURA, NO INTERIOR

Dentro do proxecto da biblioteca para este curso, "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA", algúns alumnos/as de 3º B van representar a obriña de teatro titulada "A fermosura, no interior"
Aproveitando o tema do proxecto, os protagonistas son árbores e arbustos que estamos a traballar nos diferentes niveis educativos.

domingo, 23 de noviembre de 2014

PROXECTO 2014/2015: "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA"

Dentro do proxecto no que este curso estamos a traballar, partindo da biblioteca e implicando a todo o centro escolar: "árbores e arbustos de Galicia", elaboramos un traballo para coñecer as follas das árbores  e arbustos que imos traballar.

martes, 18 de noviembre de 2014

EL CIRCO DE LA MARIPOSA COMPLETO HD ESPAÑOL



Esta curtametraxe, fomenta valores como o respecto ou a dignidade. Tamén expón medos e temores aos que todos, nalgunha ocasión, tivemos que facer fronte: a necesidade de sentirnos aceptados polos demais, de rachar coas barreiras que moitas veces nos poñemos a nos mesmos e que nos impoden acadar os nosos desexos.



miércoles, 12 de noviembre de 2014

OUTONO





Agora que estamos en outono, podedes realizar moitas actividades interactivas. Aí van unhas axeitadas para os máis pequenos (Infantil e 1º ciclo) Nos vos esquenzades que na parte dereita do blog, onde están as etiquetas, se pinchades en OUTONO tedes moitísimas máis actividades.
Pincha aquí

Agora tedes aquí outras para 2º e 3º ciclos.
Pincha aquí:


BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2014/2015, Biblioteca escolar... matemático!!!, salienta o papel imprescindibe da biblioteca escolar nos centros educativos e busca espertar, ao tempo, o interese polas matemáticas. A ilustración corresponda á interpretación que deste lema fixo David Pintor


Con este motivo, dende a biblioteca, elaboramos unhas actividades:

lunes, 3 de noviembre de 2014

SAMAÍN

Estes días o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, arañas....e ata esqueletos había!! Celebramos o SAMAÍN e engalanamos a biblioteca de tal xeito, que algúns nenos e nenas que a visitaron o pasado xoves, sentiron... moito medo!!!
Queremos aproveitar para dar as grazas aos pais/nais pola súa colaboración na elaboración das cabazas. 


XOGO

Se o queres pasar moi ben, xogando só ou con máis amigos/as, pincha aquí

lunes, 27 de octubre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA. FORMACIÓN DE USUARIOS/AS

Dende a biblioteca consideramos moi importante a formación de usuarios/as, tanto a nivel do profesorado como do alumnado. De pouco vale ter unha biblioteca máis ou menos fermosa en canto á decoración e con moitos fondos bibliográficos se despois non se coñece, non se usa, non se dá a coñecer. A biblioteca escolar ten que ser algo vivo, na que alumnado e profesorado aproveiten tódolos recursos que ésta lles poda brindar para desenvolver o traballo cotián, para desfrutar lendo, visionando un documental, unha película...
A biblioteca da tartaruga está a realizar unha formación de usuarios /as coincidindo coa celebración nestas datas do día das bibliotecas. Empezamos hoxe coa formación para 1º ciclo que iremos ampliando ao resto de profesorado e alumnado ata abarcar todo o colexio.
Empezamos amosando ás profesoras de 1º ciclo (algunhas ademais novas no colexio) o funcionamento da biblioteca, que é a CDU, como está adaptada ao noso cole, onde están situados os materiais...e tamén unhas nocións básicas do programa Meiga para que saiban buscar un libro en concreto, facer préstamos e devolucións de libros...etc
A continuación, deixámoslles unha unidade didáctica elaborada por outros compañeiros pero adaptada as nosas necesidades. Nela, os nenos e nenas poden aprender as partes dun libro, situar o título, o autor/a, colección, editorial...coñecer a CDU, , saber como teñen que buscar un determinado libro na biblioteca...etc, etc.
O equipo da biblioteca agardamos que esta formación lles sirva de proveito a todos/as.
Aí vai un pequeno exemplo de actividades para o alumnado:




domingo, 26 de octubre de 2014

PROXECTO: "ÁRBORES E ARBUSTOS DE GALICIA"

Dentro do proxecto "Coñecemos Galicia", este curso centrarémonos nas árbores e arbustos da nosa terra. Partiremos do entorno máis próximo como son os xardíns do colexio, onde hai varias especies autóctonas. As árbores e arbustos que se van traballar son as seguintes:
O castiñeiro, o carballo, o acivro, a figueira, o loureiro, a nogueira, o toxo, a cerdeira, o salgueiro, a vide, o pradairo, o piñeiro e a laranxeira.
Para empezar a coñecer un pouquiño mellor algunhas das árbores que se van traballar, aí vai un xogo didáctico:
Pincha aquí

I CONCURSO DE CÓMICS 3º CICLO. 1º e 2º PREMIOS

Un dos premios aos ganadores do concuro de banda deseñada era a publicación dos dous ganadores no blogue da biblioteca. 
 Pois aí van:
   1º PREMIO



2º PREMIO


jueves, 23 de octubre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o "DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES". Para que vexades unha biblioteca moi diferente á nosa, que vos vai sorprender, aí vos vai un vídeo.
http://youtu.be/wuTswmx9TQU


Tamén amosamos o cartel divulgativo deste curso para as bibliotecas escolares galegas co lema Biblioteca escolar...matemático!!! A ilustración é de David Pintor.

martes, 21 de octubre de 2014

SAMAÍN

Logo chega o SAMAÍN. Aquí tedes un enlace no que hai actividades NOVAS para traballar . Pincha aquí


viernes, 26 de septiembre de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos e nenas de Primaria que elexiron, xunto coas súas familias, participar na actividade de fomento da lectura "MOCHILAS VIAXEIRAS", recolleron onte e hoxe o material na biblioteca do colexio. 
O equipo da biblioteca desexamos que desfruten moito co contido das mochilas.

 Mirade que contentos ian!










sábado, 20 de septiembre de 2014

martes, 9 de septiembre de 2014

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2014/2015


Ola nenos e nenas, familias e profes. Case todos me coñecedes, pero pode haber nenos/as que non, porque son novos este curso no cole, ou ben pode haber algúns que aínda nunca pasaran pola biblioteca. Pois vai sendo hora de que o fagades eh!!
Eu son a tartaruga CARMIÑA, a mascota da biblioteca e quero darvos a benvida a este novo curso escolar 2014/2015.
Quero dar a benvida especialmente aos nenos e nenas de 1º curso, que van ter uns carnets novos para poder acceder ao servizo de préstamo de libros.
 Olaaaa!! Benvidos a Primaria!!
Estou moi requetecontenta de que esteades aquí de novo. Sentiame tan soa na biblioteca! Canto me tardaba que se acabasen as vacacións! A vos, seguro que tamén...ou non?
A min gústanme moito que veñades pola biblioteca. Aquí tedes todo un mundo por descubrir...hai moitos libros de contos, enciclopedias, libros especializados...hai revistas, cómics, películas...
Coma todolos anos, axiña ha de estar activado o servizo de préstamo para que poidades ir buscar libros para levar ás vosas casas, tamén teredes as mochilas viaxeiras, que tanto vos gustaron o curso pasado, faremos tamén un concurso de cómics e a ver se conseguimos que algún contacontos se achegue a facernos desfrutar de fermosas historias...e moitas outras actividades que iremos programando ao longo do curso. 
As profesoras que forman parte do equipo da biblioteca, queren que aproveitedes e desfrutedes dos recursos que esta vos ofrece. Agardo que me veñades visitar a miúdo para que non me sinta soa. 
Bo comezo de curso. Vémonos!!



domingo, 25 de mayo de 2014

OS DE 1º CICLO SON UNS ARTISTAS!!





O alumnado de 1º ciclo (1º nivel) guiado pola súas profes Nazareth e Mª José, elaborou  personaxes do Quixote. Quedáronlles super ben!!!!

jueves, 22 de mayo de 2014

PINTURA EN 5º A E 5º B

Rematando coas actividades da SEMANA DA ARTE na Mariña, esta semana tocoulle aos cursos de 5º a realización da actividade de pintura impartida por Inés Nécega. Aí queda unha mostra do traballo realizado.


miércoles, 21 de mayo de 2014

sábado, 17 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS


PROGRAMA

Ás 9:15 (para alumnado de E. Infantil e 1º Ciclo de E. Primaria):
  • Breve semblanza do escritor homenaxeado este ano.
  • Lectura de poemas por parte do alumnado de 4º B e 5º A
  • Representación da obra de teatro

AI MAMASIÑA QUE MEDO”
por parte do alumnado de 4º A.

Ás 10:30 (para alumnado de 2º e 3º ciclo)

  • Breve semblanza do escritor homenaxeado este ano.
  • Lectura de poemas por parte do alumnado de 4º B e 5º A.
  • Representación da obra de teatro
AI MAMASIÑA QUE MEDO”,
por parte do alumnado de 4º A

sábado, 10 de mayo de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 5º B e 6º B

O equipo da Biblioteca estamos moi contentos porque estamos a recoller os cadernos viaxeiros que ían coas mochilas e vemos que vós resultou moi interesante o proxecto, todos e todas vos amosades moi satisfeitos e calificades a experiencia como moi positiva. Isto anímanos a continuar en vindeiros cursos coa experiencia. Tamén tomamos nota das suxerencias que aportades. Terémolas en conta!!

jueves, 8 de mayo de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 6º A

Estanse a recoller as mochilas viaxeiras que, durante este curso, levou todo o alumnado de E. Primaria. Segundo os comentarios que os alumnos e alumnas fixeron, foi unha experiencia que lles gustou moito. Aqui tedes os comentarios de catro alumnos/as de 6º A, recollidos no caderno que acompañaba as mochilas.










domingo, 4 de mayo de 2014

GANADORAS DO I CONCURSO DE CÓMICS. 1º E 2º PREMIOS

Un dos premios aos ganadores do Concurso de Banda deseñada era a publicación dos traballos ganadores no blogue da Biblioteca.
  Pois aí van o 1º e o 2º premiados:
 1º PREMIO

2º PREMIO

miércoles, 30 de abril de 2014

GANADORAS 1º CONCURSO DE BANDA DESEÑADA, 3º CICLO

Hoxe déronse a coñecer os nomes das gañadoras do I concurso de Cómics, convocado pola Biblioteca a partires da idea da profesora  Rosalía Currás. 
Foi bastante o alumnado que se animou a participar e agardamos que para o vindeiro curso sexan aínda máis os que se animen. 
Todo os alumnos e alumnas merecen unha chea de parabéns polo traballo realizado, pois en tódolos cómics presentados hai esforzo e horas de traballo. Noraboa a todos e a todas!!
As ganadoras son as seguintes:

1º PREMIO: Raisa Rivera Chonate, de 6º B
2º PREMIO: Carla Fra García e Ainhoa Fanego Lestegás, de 6ºA

Mostra fotográfica do momento de recollida do premio:
                                                           

miércoles, 23 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día do libro, o alumnado de 4º nivel e de 5º A de Primaria acudiu ao Cocello para participar no Maratón de lectura convocado polo Colectivo Cultural BURIL para conmemorara esta data. Os nenos e nenas recitaron poemas de Rosalía de Castro, Cabanillas, Manuel María, Ana Mª Fernández, cantigas de amigo...etc
  Aquí tedes unha mostra fotográfica do acto.

martes, 22 de abril de 2014

VISITA DE ALICIA BORRÁS SANJURJO

Hoxe veu visitarnos a escritora ALICIA BORRÁS, que naceu en Vigo onde traballa como profesora de teatro, actriz de doblaxe e escritora.
Os alumnos e alumnas de 3º ciclo leron o seu libro "NATA Y CHOCOLATE" e veu ao noso cole para falarnos del. Fixéronlle moitísimas preguntas ás que ela respondeu de forma clara e amena.
Outras obras que escribiu foron:
" O mar é noso"
"O señor corpo quere xogar"
"Versos graciosos, sabrosos y jugosos" co que obtivo o Premio Lazarillo en 1998.
 NATA Y CHOCOLATE, trata dunha nena chamada Sonia que é calada, trite e solitaria porque os seus compañeiros se meten con ela por ser albina. Lola, unha compañeira, incluso a obriga a facerlle os deberes. Ninguén parece darse conta da situación ata que chega ao centro unha nova profesora e decide cambiar esto.

jueves, 17 de abril de 2014

MOI INTERESANTE!!





Enlace para traballar a figura de Cervantes cun interesante vídeo sobre a aventura dos muiños, xogos...
Pincha aquí.



Outro enlace con actividades tamén moi interesantes para seguir traballando O QUIXOTE:
Pincha aquí

jueves, 10 de abril de 2014

QUE BEN PINTAN OS DE SEXTO!!

Estes días, o alumnado de 6º está recibindo unhas clases de pintura a cargo da magnífica artista de Foz Inés Nécega . Nas fotos vese o ben que o pasaron realizando unhas verdadeiras obras de arte como tamén se pode apreciar. Moitas grazas a esta artista focense, Inés, que conectou perfectamente cos nenos e nenas.

jueves, 3 de abril de 2014

A MAXIA DE INFANTIL

Hoxe, estivo polo noso cole a compañía de teatro de Lugo "MATAPIOLLOS". Un dos seus compoñentes, Carlos Coira, realizou un espectáculo de maxia para os máis pequenos.
  Esta actuación está baseada no libro ABRAPALABRA escrito por Anton Cortizas e Carlos Coira.
  Os nenos e nenas desfrutaron moito, como se pode ver nas imaxes.

lunes, 31 de marzo de 2014

I CONCURSO DE CÓMIC

                      CONVOCATORIA CONCURSO DE CÓMIC


Dende o equipo da biblioteca convócase un concurso de cómic .

BASES:
  • Dirixido a terceiro ciclo.
  • Tema libre, os traballos terán que ser orixinais
  • Poderán estar escritos tanto en galego como en castelán.
  • Poderán presentarse os traballos individuais ou por parellas.
  • Adxuntarase á convocatoria unha plantilla para quen queira utlizala. O que o desexe pode facelo sen esa plantilla.
  • Extensión : os traballos terán unha extensión máxima de catro páxinas, a cores ou en branco e negro. A técnica é libre. Os traballos presentaranse con dimensións DIN A-4.
  • Plazo para apuntarse ao concurso dende o luns 17 ata o mécores 19 de marzo. (durante os recreos na biblioteca)
  • Prazo de presentación dos cómics : ata o 23 de abril inclusive. (Entregaranse ao profesor de garda na biblioteca durante os recreos).
  • O xurado estará composto polo equipo de biblioteca e a colaboradora Rosalía.
  • O fallo do xurado será inapelable. Os premiados daranse a coñecer o día 30 de abril, tendo lugar ese día a entrega de premios.
  • Premios:
  • 1º Premio : Exposición pública no centro, e no blog da biblioteca , presentación do cómic ao resto de compañeiros do ciclo e un vale de compra para adquirir un conto ou cómic e material escolar.
2º Premio : Exposición pública no centro, e no blog da biblioteca , presentación do
 cómic ao resto de compañeiros do ciclo e un vale de compra para adquirir un 
conto ou cómic.