martes, 24 de febrero de 2015

MARATÓN DE LECTURA E ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo da celebración do "DÍA DE ROSALÍA", o alumnado de 4º nivel participou no V MARATÓN DE LECTURA celebrado no salón de Plenos do Concello. Os nenos e nenas, leron poemas de Rosalía. Aquí queda a proba disto:
(No blog do 2º ciclo, podedes ver os resto de fotos)
ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES,

ADIOS,REGATOS PEQUENOS,

ADIOS VISTA DOS MEUS OLLOS,

NON SEI CANDO NOS VEREMOS.

miércoles, 18 de febrero de 2015

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA


O 24 de febreiro celebramos o "DÍA DE ROSALÍA". Aquí temos un estupendo traballo realizado na biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda de Redondela que amablemente comparten. Para velo, pincha aquí:

Lembrade que nas etiquetas da dereita, onde di "DÍA DE ROSALÍA" atoparedes moitas máis actividades relacionadas con esta data

lunes, 16 de febrero de 2015

OS MESTRES E MESTRAS TAMÉN SE DISFRAZAN!!

Os mestres e mestras do noso cole tamén se disfrazan e desfrutan da festa tanto como os cativos. Aí vai unha mostra:




domingo, 15 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

No desfile de entroido deste curso, no noso cole desfilaron froitos, flores e árbores e arbustos de Galicia. Así vimos: peras, mazás, cerdeiras, nogueiras, toxos, laranxeiras....Mirade, mirade:

sábado, 7 de febrero de 2015

VICTOR FERREIRA E TUCHO CALVO NO NOSO COLE

O día 28 de xaneiro, estiveron no noso colexio o escritor, autor do libro "O polbo de Mugardos" Victor Ferreira e Tucho Calvo, o seu editor. Presentaron este libro aos nenos e nenas do 1º ciclo, que xa levaban unhas semanas traballando o seu contido.
Foi unha conversa amena e moi participativa por parte do alumnado. Os visitantes faláronlles do polbo de Mugardos aos nenas e nenas e éstes faláronlles a eles....do bonito de Burela!!!





martes, 3 de febrero de 2015

FEITIZO DE SANGUE. SABELA GONZÁLEZ PANIZO.




"As Crónicas de Landereina" de Sabela González é unha triloxía que xa vai pola segunda entrega. O primeiro libro desta triloxía titúlase "Bágoa de Lúa"e foi publicado en 2013 e agora acaba de aparecer o segundo "Feitizo de Sangue".
Desexamos para esta escritora, que foi alumna do colexio "Virxe do Carme", o maior dos éxitos e agardamos xa polo terceiro exemplar.
Para saber máis sobre este libro e a súa autora, podes mirar o seu blog. Pincha aquí






-------------------------------