jueves, 6 de octubre de 2016

OLA DE NOVO

Aquí estamos outra vez!! Dende a biblioteca do CEIP Virxe do Carme damos a benvida a un novo curso escolar. Non quere dicir que empecemos hoxe a traballar, non. Empezamos xa hai un mes. Nas bibliotecas escolares, o comezo do curso é unha das épocas que supoñen máis carga de traballo: revisar fondos editoriais, adquisición de outros, ordenar andeis, recolocar rótulos, preparar mochilas viaxeiras, carnets para novos lectores e lectoras....

Todo vai xa encamiñado e hoxe tivemos a apertura da nosa biblioteca para o alumnado de 1º nivel. Baixaron á biblioteca acompañados/as polas súas titoras Ana e Alicia. Alí recibíunos Carmiña, a nosa mascota, escoitaron un conto de como a tartaruga chegou ao noso cole, falamos das normas que hai que cumplir na biblioteca e recibiron os seus novos carnets para poder realizar os préstamos de libros.
 Benvidos/as nenos e nenas de 1º nivel!!


CARMIÑA ESTABA ESPERANDO PARA DARLLES A BENVIDA:





NA BIBLIOTECA:


 COS NOVOS CARNETS:




No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------