lunes, 11 de septiembre de 2017

O CURSO 2017/18 XA ESTÁ AQUÍ!!


 Ola de novo. Comezamos outro curso escolar e neste blog  iremos  publicando como de costume tódalas actividades propostas dende a biblioteca escolar . Informaremos ademais de novidades editoriais que se vaian adquirindo ao longo do curso e de todo aquelo que consideremos interesante para a Comunidade Escolar.

Para empezar, queremos presentar o lema escollido este curso pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para as bibliotecas escolares. Trátase do seguinte:

"APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR"

 "...Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir."

jueves, 22 de junio de 2017

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2017

Aquí tedes unha vez máis a guía de lecturas de verán.
Agardamos que vos sexa útil á hora de elexir  libros. Tédelos en galego, castelán e inglés
Bo verán e boas lecturas!!!

miércoles, 21 de junio de 2017

PRESENTACIÓNS

Ao longo destes días, o alumnado dos distintos niveis foi presentado aos seus compañeiros/as e mestres/as os traballos realizados ao longo deste curso sobre os concellos da Mariña lucense.
1º nivel presentou o seu traballo sobre o concello de Cervo
3º nivel presentou o seu traballo sobre o concello de Lourenzá
5º nivel presentou o seu traballo sobre Mondoñedo
6º nivel presentou o seu traballo sobre Trabada

jueves, 15 de junio de 2017

COLABORADORES BIBLIOTECA

Estes foron os alumnos/as de 5º e 6º que durante todo este curso 2016/17 axudaron nos recreos a realizar as gardas de biblioteca: colocaron libros nos andeis, vixilaron e aconsellaron aos máis pequenos...etc.
Por este motivo, entregámoslles uns agasallos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Antón co seu agasallo


jueves, 8 de junio de 2017

6º NIVEL: TRABADA

Dentro do proxecto impulsado dende a biblioteca escolar, este curso traballamos "A nosa comarca" e, dentro desta, en 6º nivel elexiron o concello de Trabada.
Mirade que chulo e completo lles quedou :

lunes, 5 de junio de 2017

5º NIVEL PREPARANDO O SEU PROXECTO

5º nivel traballou sobre o concello de Mondoñedo dentro do PDI: "A nosa comarca".
Aquí os vemos en varios momentos, na aula e tamén en Mondoñedo, preparando o seu traballo:













POWER POINT: LOURENZÁ

Este é o power point de 3º nivel sobre o concello traballado este curso: Lourenzá, dentro do PDI: " A nosa comarca".
Pincha AQUÍ

viernes, 2 de junio de 2017

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria tiveron onte, xoves, unha visita moi esperada: a da escritora viguesa Ledicia Costas, autora, entre outros, do libro que tiveron que ler este curso"Escarlatina, a cociñeira defunta".
Ledicia, contestou a tódalas preguntas que os rapaces e rapaces lle formularon.
Foi un luxo e un orgullo ter con nós a esta escritora. Unha das máis premiadas e aclamadas da actual literatura infantil en Galicia.




 

martes, 30 de mayo de 2017

O PDI DE 1º NIVEL: CERVO

En 1º nivel traballaron o concello de Cervo.
Aquí tedes un Power Point onde se resume todo o que fixeron que foi moito e moi interesante!!
Pincha AQUÍ

domingo, 28 de mayo de 2017

E. INFANTIL, 5ºA. TRABALLO SOBRE BURELA

Na entrada anterior publicabamos uns traballos de 5ºA e 5ª B de Infantil. Un dos traballos publicados estaba incompleto, concretamente o que se presenta en forma de vídeo de 5ºA.
Recibido xa o traballo completo, aquí o mostramos. Xenial!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

BURELA, NO PDI DE E. INFANTIL

En E. Infantil 5ºA e 5ºB realizaron uns traballos ben chulos sobre o seu concello.
Aquí podedes ver como situaron Burela no mapa, coñeceron a bandeira e o escudo e visitaron distintos lugares da súa localidade.

martes, 23 de mayo de 2017

2ºB: "WALLY VIAXA POLA MARIÑA LUCENSE"

Dentro do proxecto marcado para este curso dende a biblioteca do centro "A nosa comarca", en 2ºB viaxaron con Wally por tódolos concellos da Mariña traballados este curso.
Mirade que chulo lles quedou este traballo a estes nenos e nenas coordinados pola súa mestra Nieves Gasalla.
 

domingo, 21 de mayo de 2017

OBRA DE TEATRO: "IMOS Á MARIÑA"

A obriña de teatro que aquí aparece é a que imos a representar o alumnado de 3ºA para finais de curso. É o peche ao noso proxecto  sobre "A NOSA COMARCA".

jueves, 18 de mayo de 2017

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017

Hoxe, na Casa da Cultura, tivo lugar o Festival conmemorativo das Letras Galegas no que participaron os nenos e nenas de E. primaria. Houbo, bailes, cancións, lectura dunha obra de C. Casares, escritor que se homenaxeu este ano,....etc.
No seguinte vídeo podedes ver algo de tódalas actuacións que tiveron lugar.
Tamén se entregaron agasallos aos ganadores do concurso "Debuxa a túa portada" para a revista escolar.

martes, 16 de mayo de 2017

MOMENTOS LECTORES

Aproveitando este día caloroso e soleado os nenos e nenas de 4º B sairon ao patio a ler. Buscaron o sitio que mellor lles acaía e ...a desfrutar da lectura!!

domingo, 14 de mayo de 2017

LORENZÁ: O PDI DE 3º NIVEL

Podedes ver o traballo realizado durante este curso polo alumnado de 3º nivel  sobre o concello que eleximos dentro do PDI "A NOSA COMARCA".
Traballamos sobre Lourenzá. Aínda queda algunha cousiña máis que publicaremos en canto estea lista.

jueves, 11 de mayo de 2017

MÁIS DONACIÓNS DE LIBROS

Os alumnos, Inés de 3ºA e Pablo de 6ºB realizaron donacións de libros e revistas para a biblioteca.
Moitas grazas aos dous!!


sábado, 6 de mayo de 2017

ENQUISA SOBRE LECTURA

En 4º B realizaron unha enquisa para saber  se os nenos e nenas len moito ou pouco, que libros lles gustan, se van á biblioteca...
Amosamos a enquisa. Agora faltan os resultados...