lunes, 30 de enero de 2017

NOVOS LIBROS NA BIBLIOTECA!

Traemos hoxe aquí uns novos libros que acaban de chegar á nosa biblioteca. Son da Editorial Hércules e indicados para Infantil, 1º e  2º  niveis.
A PANTUFLA DE CELIA
Texto: Concha Blanco
Ilustracións: Dani Padrón
Ed. Hércules   2015
No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca.
As persoas pasan e mírana, pero apenas fanlle caso…
Ata que un día entra Celia e se namora das súas manchas negras e brancas.
Pero, fatalidade! as zapatillas son parella e non se venden dunha nunha!…
Libro escrito en forma de verso, de lectura rápida e cunhas preciosas ilustracións!!

 COSMO E A ESTRELA 
PERDIDA 
 Marcos Neila
 Ed. Hércules
Cosmo é un coleccionista de estrelas: gárdaas con mimo e sácalles brillo cada día.
 Pero un día bota en falta un exemplar da sua colección... e descobre un rastro que vai do andel á xanela, así que sae na súa procura.
 Cosmo pregunta os seus amigos, veciños, coñecidos, pero ninguén parece  facerlle caso.
 Ata que un vello sol que vive preto lle explica o que está a acontecer... 


  O OSO E O PIANO
 David Litchfield. Ed Hércules
 Un dia, no bosque, un osiño atopou algo que non vira nunca. –Que será esta cousa tan estraña? –pensou. E con medo, tocouna cos súas pequenas e robustas poutas…
Co tempo, o oso aprendeu a tocar o estraño instrumento. Un día, por casualidade, os fermosos sons do piano chegaron a oídos dun pai e o seu fillo, que xantaban no bosque. O oso acompañounos nunha incrible viaxe, e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu a fama, a fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.

Historia enormemente fermosa que nos ensina o valor da amizade! 



ASTROPAL, UN COMETA CON CORAZÓN
José Julio Fernández Rodríguez. Ed. Hércules 2015
Astropal é un valoroso cometa que percorre sen parar a galaxia. Un día, de súpeto, atópase cun estraño obxecto. Co seu enxeño e co seu corazón bondadoso terá que enfrontarse a un problema…
Conseguirá resolvelo?
Precioso álbum ilustrado de fácil lectura, con moi poucas páxinas. 



PULGA E XIGANTE               Serenella Quarello&Maurizio A. C. Quarello
Ed. OQO    2009
 Cansada de facer todos os días o mesmo, Pulga decide coñecer mundo. Na súa viaxe cruzará desertos, bosques, montañas, chairas inmensas… fuxirá de perigos terribles e vivirá aventuras emocionantes.
Ese mesmo día, e á mesma hora, o Xigante que estaba tan tranquilo, de súpeto, comeza a sentir un proído nos pés, logo nas pernas, nas costas… Entón, á súa nai parécelle ver… unha pulga?
  
 O álbum contén ilustracións que aseguran unha lectura expresiva e rica en matices.
                                                                                                         
 
Ademais do divertimento, o carácter lúdico desta obra favorece a comprensión de relacións espazo-temporais, e que nos decatemos de que pode haber varias miradas e interpretacións dunha mesma realidade.



                                                                                          

CUANDO UN ELEFANTE SE ENAMORA
Davide Cali. Ed Anaya. 2016

¿Qué ocurre cuando un elefante se enamora?
Hace de todo para llamar la atención, se baña todos los días y escribe cartas que nunca envía.
Pero cuando menos se lo espera...
Un cuento original y conmovedor que describe los síntomas del comienzo de una historia de amor, y las posibles consecuencias. Algo que le puede pasar a cualquiera. ¡Incluso a un elefante!

 "Refuerza unos valores muy importantes en el desarrollo humano como son la autorestima, la valentía y la capacidad de iniciativa que podemos extrapolar a cualquier otro tipo de relación. Si uno jamás se arriesga y atreve a confesar sus sentimientos proalmente nunca conseguirá nada. 
 Las ilustraciones, obra de la piamontesa Alice Lotti, no pueden ser más tiernas y delicadas. Es una novela muy plástica en la que cada imagen apoya y completa el texto de forma muy visual.
 (http://adivinaquienlee.blogspot.com.es)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------