jueves, 19 de enero de 2017

O MISTERIO DE PORTOMARÍN. ANTÍA YÁÑEZ RODRÍGUEZ

 O MISTERIO DE PORTOMARÍN é a primeira novela que acaba de publicar Antía Yáñez Rodríguez. Publicada pola editorial Galaxia e, como o seu nome indica, é unha novela de misterio  que vén recomendada para maiores de 12 anos.
Catro irmáns veñen veranear a Portomarín e van investigar un misterio que todos coidaban esquecido, como a vila que descansa debaixo das augas do encoro.
Desexamos a Antía, filla dunha compañeira e alumna do noso colexio, os maiores éxitos con esta obra. Noraboa!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

-------------------------------