martes, 23 de enero de 2018

ENTREVISTA A ANA LESTAO

Ana Lestao Ben é unha alumna do noso centro(4º B) que acaba de ganar o 3º premio do Concurso de Poesía, na súa categoría, convocado pola Biblioteca Pública de Burela.
Con tal motivo, dende a biblioteca do noso centro quixemos realizarlle unha entrevista:
Ana Lestao Ben cos agasallos do premio


Ola, Ana, como te sentes logo de recibir este premio?
- Moi ben, moi feliz.
Pensache algunha vez que ías ganar?
Non, nunca. De feito leveime unha sorpresa cando a nai dunha amiga me chamou á casa para comunicarmo. Ela estaba na Casa da Cultura e veu a relación de premiados.
Foi así como te enterache?
- Si, despois xa me chamou alguén relacionado co concurso para que fose recoller o premio.
Por certo, en que consistíu ese premio?
- Pois nun diploma e nun conto que me encanta. En galego e cunhas ilustracións preciosas.
Participache máis veces neste concurso?
- No de poesía, non. Participara no de postais.
E acostumas participar noutros concursos deste tipo?
- Pois non, a verdade. Pero agora quedei animada a facelo.
Damos por feito que che gusta a poesía. Pero que prefires, lela ou escribila?
- Sempre leo moitos libros de poesía, gústame moito. Penso que ganei por eso. Ao lelas, aprendín a escribilas.
Eu sei que ás veces levas da biblioteca do centro libros de poemas para ler. Cal foi o último que liche?
- "Os soños na gaiola" de Manuel María. Tamén lin outros de Gloria Fuertes.
E ademais da poesía. Que outras lecturas che gustan?
Gústanme os de misterio. Gustáronme moito os "Diarios de Nikki".
Pois nada máis, Ana. NORABOA e a seguir lendo e escribindo!!

Aquí podedes ler a poesía coa que Ana logrou ese 3º premio:
O NADAL
No Nadal
as árbores decoradas,
aluman as rúas
nas noites escuras.

Estamos todos reunidos
agardando os agasallos,
todo o mundo cun sorriso,
esperando aos Reis Magos.

O noso rei naceu,
moi encollido está.
Todo o mundo o coñeceu
dentro de pouco a xente salvará.

O Nadal xa se achega,
hora de felicidade,
hora de estar todos xuntos,
hora de amizade!


2 comentarios:

  1. Encántame a entrevista. Parecedes dúas profesionais. Moitos bicos!!!!!!
    Ana este é o primeiro premio de moitos, estou convencida.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Pili. Ti tan amable coma sempre.Se a túa alumna le e escribe poesía, seguro que algo tes ti que ver tamén!
    Apertas.

    ResponderEliminar

-------------------------------