martes, 27 de febrero de 2018

RECITANDO A ROSALÍA

Unha das actividades realizadas con motivo da celebración do DÍA DE ROSALÍA foi un recitado de poemas da autora.
Aquí podedes ver o poema que recitou 4ºA para os nenos e nenas de E. Infantil.
Que ben o fixeron!!

DÍA DE ROSALÍA

Estes días estivemos celebrando unha data moi significativa: O DÍA DE ROSALÍA, que foi o 24 de febreiro.
Con tal motivo, no noso centro realizamos as seguintes actividades:
O alumnado de Primaria (a partires de 3º nivel) leu poemas de Rosalía aos máis pequenos.
Escribimos nos cristais poemas da autora para facela visible.
En 1º e 2º construiron un photocall de Rosalía no que os nenos e nenas que quixesen sacaran fotografías.
Aquí tedes un pequeno resumo do traballo realizado:

miércoles, 21 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

24 de febreiro, día de Rosalía

ABRIMOS A FIESTRA A ROSALÍA!

  • Escribiremos nas fiestras poemas da autora.
  • O xoves, 22 e o venres, 23 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acudirá á biblioteca para ler poemas de rosalía aos máis pequenos.
  • Sacaremos fotografías coa escritora no photocall situado no edificio vermello.



viernes, 16 de febrero de 2018

lunes, 12 de febrero de 2018

domingo, 11 de febrero de 2018

SELECCIÓN GALEGA SUB 17 DE FÚTBOL-SALA

O outro día visitou o noso centro a selección galega sub-17 de fútbol sala. No pavillón agardaba o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º xunto aos seus titores@s a chegada destas rapazas que viñan acompañadas polo seu entrenador, a fisioterapeuta e directivos do equipo.
Despois de presentarse, os nenos e nenas fixéronlles preguntas para, a continuación realizar actividades lúdicas co balón.
Para rematar, as xogadoras firmaron autógrafos e sacaron unha foto todos xuntos.